Transilvanians – Venres 29 en Vigo!!!

Transilvanians segue a presentar compoñentes e novas cancións na xira de salas… desta volta na casa!!!!

Agradecemos a máxima difusión que poidades darlle ao evento.

TRANSILVANIANS
Venres 29 Xuño no Torreiro da Festa
(Rogelio Abalde 16, Churruca-Vigo) 23:00h – 5€

Bio TRANSILVANIANS
Transilvanians formanse no ano 2004 na cidade de Vigo. A banda está composta por músicos experimentados de outras bandas da escea viguesa de estilos moi díspares como; Os Resentidos, Skacha, Siniestro Total.. etc, e o que os leva a unirse e a paixón que sinten por estilos de música negra coma o Soul, Funk, R&B e moi especialmente polo Ska, Rocksteady e o Early Reggae Jamaicanos.

Isto unido á súa …paixón polo xénero de terror, a serie B e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto ás composicións propias temas de The Skatalites, The Blues Busters, The Kingstonians, Georgie Fame ou The Clash conforman o repertorio habitual dos seus incendiarios concertos.

No ano 2006, entraron nos estudios Muu! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica (como antano) cinco cancións que sairon editadas no nadal de ese mesmo ano en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records. Despois de participar nun disco tributo a Potato e da súa exitosa xira 2008/2009, no 2010 entran a gravar diversos temas no Studio Juan, editando dous traballos; un sinxelo en vinilo 7″ editado polo selo madrileño Liquidator Music chamado “The Vault Of..”, e o primeiro traballo longo “Vampire Lover”, editado polo seu propio selo ZombieJ.

No 2012 tras varios trocos de formación e un novo single 7″ acompañando a Roy Ellis aka Mr. Symarip (artísta ao que apoian de maneira habitual en directo), agardan gravar o segundo longa duración e percorrer toda a xeografía presentando novos compoñentes e novas cancións.

Deixámosvos tamén o novo videoclip que gravamos acompañando a Roy Ellis aka Mr. Symarip.

http://www.youtube.com/watch?v=YTrVl93XRQg

Transilvanians son:
J. F. Soto – Guitarra & voz.
Javi Vicalo – Guitarra.
Javier Marcos – Voz.
Pabolo ‘Rocksteady’ Muñíz – Baixo.
Xabi Vieitez – Piano & Hammond.
Kino ‘Little Cobra’ – Batería & voz.
Tornado Alonso – Saxo tenor.
Antonio Rodríguez – Trombón & voz.
Discografía:
Singles:
– 2006 TRANSILVANIANS CD/EP vinilo 7” (Ejecutor Records & ZombieJ)
– 2010 THE VAULT OF.. SG vinilo 7” – (Liquidator Music)
– 2012 ROY ELLIS meets TRANSILVANIANS SG vinilo 7″ (Liquidator Music)

Albums:
– 2010 VAMPIRE LOVER CD (ZombieJ).

Recopilatorios:
– 2008 SERÁ SI HAY, UN TRIBUTO A POTATO – Transilvanians incluye ‘Kiki’ (SoundRebel)
– 2011 CANTA HISTORIA NA BARRIADA, XX ANOS DE SKACHA – Transilvanians incluye ‘The Ghost of Bouzas’ (La Contra Records)
– 2012 A TRIBO TODA BAILA, TRIBUTO A RESENTIDOS – Transilvanians incluye ‘En Kampuchea’ (Warner Spain)

Tags: , , , ,

About redstar73

Barcelona Street Art 2011 - ?

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s

%d bloggers like this: